Seguimos aquí, vivos e aguantando!
As últimas novas veñen da man do Dido e Eneas que, señoras e señores, o Coro Cantabile estrea dentro de 3 DÍAS en Vigo, nunha versión semiescenificada e que logo representará, xa coa escenografía completa, o 28 de Decembro na Coruña.
Puf.
Está sendo un proxecto esgotador, si. Pero, sen dúbida é unha experiencia que ninguén dos que nos vimos envoltos nela poderemos olvidar.
Todo o traballo que o coro, o director, os músicos, Carlos, o noso director de escena, os bailaríns e ata os propios pais, que ás veces non ven a hora de que acaben os ensaios tanto coma nos verase transformado dentro de nada nunha marabillosa ópera que espero que guste e transmita aínda que sexa, a metade da emoción que nós temos ao facela.
Teño fotos dos ensayos, tanto sen escena como con escena, pero, como ata o día da estrea na Coruña, son segredo de estado, haberá que esperar para poder publicalas en calqueira plataforma cibernauta!
No hay comentarios:
Publicar un comentario