sábado, 27 de agosto de 2011

Missmanosmantequilla strikes back





Bueno, a verdade é que non debería estar facendo isto.

Outra vez, outro blog.
Un máis.

Apoiándome na estadística aplastante podo asegurar que acabarei pechándoo en canto esta etapa da miña vida remate.

Agora...

Agora podo dicir que este é un paso novo.
Máis alá de todos os anteriores, máis lonxe, más importante.
É como...
A risco de soar cursi, direi que é coma se tivese renacido.

Vale. Soaba cursi.

Unha vez atrás toda a parrafada sentimentaloide (por favor, non dedes a benvinda demasiado forte, que os veciños se queixan...!) paso a noticias máis importantes.


Hoxe fun en barco.

Vale, non era moi importante...
A parte que me interesa é a parte na que vos comento que SAQUEI FOTOS! (Qué raro.)

Aquí vos deixo as que, considero, son as millores.










Bueno, as demáis podedes velas no meu Flickr
E con isto e cun biscoito...!

PD: Ademáis de sacar fotos, quedei durmida no barco. Si, a verdad é que foin un typical celish day...


No hay comentarios:

Publicar un comentario