viernes, 17 de febrero de 2012

Tras el Telón de Grelos


Ben. Ese é o meu vlog. Cantas veces dixen "vou facer un vlog"? Pfffff. Pois, señoras e señores: EIQUÍ ESTÁ O TELÓN DE GRELOS!
Un vlog que compartirei con Alba, que esperemos que se incorpore nun breve espazo de tempo que non supere a semana... (Agora que temos vacacións non ter tempo non é unha excusa válida).

Espero que a cousa prospere, que por ilusión non vai quedar !

jueves, 15 de diciembre de 2011

Quedan dous días.

Quedan dous días e xa estou empezando a poñerme dos nervios...

Debería usar este precioso tempo para poñerme mas á obra con algunha que outra tarefa pendente (léase darlle vida á canle de YouTube, que non teño un triste vlog...) pero, a verdade e que quedan dous únicos exames e non dou feito tempo para nada máis.
Bueno, si, para procrastinar e non estudar, que é o que deberá facer, pero...!

Vouvos deixar, como consolación por todas estas faltas de socialicación cibernética (pero, non vos preocupedes, imaginarios lectores meus!, teño un proxecto de vlog en mente que, sempre que entendades un básico de inglés pódevos gustar!) as últimas fotos subidas ó Flickr e que xa deixan ver que, gracias a Dios, o nadal xa está cada vez máis enriba de nos!

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Revivindo o blog

Despois de perder a fé nas tecnoloxías da comunicación (léase blogger) unha vez más, e prevendo ue pecharía este blog para logo acabar creando outro, decidín abandonalo durante un tempiño (que logo acabou sendo un tempazo) e retomalo cando as ganas tirasen demasiado.

Seguimos aquí, vivos e aguantando!

As últimas novas veñen da man do Dido e Eneas que, señoras e señores, o Coro Cantabile estrea dentro de 3 DÍAS en Vigo, nunha versión semiescenificada e que logo representará, xa coa escenografía completa, o 28 de Decembro na Coruña.

Puf.
Está sendo un proxecto esgotador, si. Pero, sen dúbida é unha experiencia que ninguén dos que nos vimos envoltos nela poderemos olvidar.
Todo o traballo que o coro, o director, os músicos, Carlos, o noso director de escena, os bailaríns e ata os propios pais, que ás veces non ven a hora de que acaben os ensaios tanto coma nos verase transformado dentro de nada nunha marabillosa ópera que espero que guste e transmita aínda que sexa, a metade da emoción que nós temos ao facela.


Teño fotos dos ensayos, tanto sen escena como con escena, pero, como ata o día da estrea na Coruña, son segredo de estado, haberá que esperar para poder publicalas en calqueira plataforma cibernauta!


miércoles, 31 de agosto de 2011

3


Onte recuperei do caixón da cámara o 50mm que lle comprara a Ricardo hai xa un tempo, e que debido ós exames e a outras cousas distintas quedara alí metido sen máis uso que unha excursión a Avilés en semana santa.

O caso é, que o obxectivo vai increiblemente ben: suaveciño, enfoca rápudo (que co meu 35-70mm tardei en pillarlle o truco ó enfoque porque parecía que siiiii, e non.)

Estas son algunhas das fotos que saquei (principalmente retratos) tanto na casa como no coro.



O resto no meu flickr

domingo, 28 de agosto de 2011

2

A verdade é que isto de comezar un blog novo é un pouco estresante..

Non sabes se escribir outra vez resultará apropiado ou un pouco precipitado, se esperar a que a primeira entrada teña xa algún comentario...

Ai!

De todas todas, hoxe veño a este páramo deserto e olvidado, deixado da man de Deus que ninguén lerá ata que Albus chegue da aldea (ela si que é ferviente seguidora... bueh, si) para falar do meu libro.

Qué va, veño para falar de min.

Hoxe estiven falando, primeiro, con Melina, unha das miñas amigas alemás.
Logo falei con Agata, unha das miñas amigas polacas.

E ambalas dúas ofrecéronse para ensinarme (ou no caso de Melina axudarme a mellorar) a fala do seu idioma.

De alemán vou controlando un pouco máis (resaltar tamén que empezo este ano na escola de idiomas e malo será que non mellore algo máis...!).

Pero de polaco, CERO.

Que conste que é moi divertido, e tras todos estes meses de infructuosos esforzos por falalo, coa axuda da famosa Agata e doutro rapaz que se chama Bartosz, aprendín moitas regras de pronunciación, moitas palabras e frases (algunhas tan útiles como "Kocham cię" que significa "Quérote" e outras tan aparentemente inútiles como "prostownica" que ven a significar "planchas do pelo"...) e a verdade é que gustaríame un montón poder aprendelo, porque é un idioma que soa super curioso, parece cando encendes os sims e póñense a falar nese idioma seu..
Só que millor!


Enfin, déixovos cunha canción que intentei aprender que, SORPRESA, está en polaco, e que, para a miña alegría e o orgullo de Agata, podo cantar case á perfección.

http://www.youtube.com/watch?v=35C7jzhLtDY

sábado, 27 de agosto de 2011

Missmanosmantequilla strikes back





Bueno, a verdade é que non debería estar facendo isto.

Outra vez, outro blog.
Un máis.

Apoiándome na estadística aplastante podo asegurar que acabarei pechándoo en canto esta etapa da miña vida remate.

Agora...

Agora podo dicir que este é un paso novo.
Máis alá de todos os anteriores, máis lonxe, más importante.
É como...
A risco de soar cursi, direi que é coma se tivese renacido.

Vale. Soaba cursi.

Unha vez atrás toda a parrafada sentimentaloide (por favor, non dedes a benvinda demasiado forte, que os veciños se queixan...!) paso a noticias máis importantes.


Hoxe fun en barco.

Vale, non era moi importante...
A parte que me interesa é a parte na que vos comento que SAQUEI FOTOS! (Qué raro.)

Aquí vos deixo as que, considero, son as millores.










Bueno, as demáis podedes velas no meu Flickr
E con isto e cun biscoito...!

PD: Ademáis de sacar fotos, quedei durmida no barco. Si, a verdad é que foin un typical celish day...